Os socios de Club Deportivo Arenteiro dan o visto bó ao inicio dos trámites para a conversión en sociedade anónima deportiva

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A asamblea de Club Deportivo Arenteiro acordou na noite de onte e por unha ampla maioría o inicio dos trámites legais, administrativos e contables necesarios para a conversión da entidade en Sociedade Anónima Deportiva (SAD), unha transformación estatutaria plantexada pola actual xunta directiva para tentar salvar o déficit previsto para esta tempada, que ascendería a 600.000 euros dentro dun orzamento estimado de 2,2 millóns de euros. Neste sentido, os socios presentes na reunión tamén autorizaron  que o club poida recibir este ano aportacións económicas de terceiros que logo se trocarían en acción da futura SAD.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Á xuntanza extraordinaria, celebrada no Auditorio Manuel María do Carballiño, asistiron un total de 233 socios con dereito a voto (maiores de 18 anos) que, en primeiro lugar, escoitaron ao vicepresidente, Xan Pinal, facer un balance histórico e actual do organigrama da entidade, que conta con 274 fichas federativas de xogadores e 24 de técnicos, das cales 30 corresponden ao primeiro equipo, que xoga na Primeira RFEF, e que se sitúa por méritos deportivos no 4º posto de Galicia e entre os 50 mellores de todo o Estado. Asemade, cifrou en 2,2 millóns de euros os gastos estimados para esta tempada 2024/25, cun déficit calculado entre os 400.000 e os 600.000 euros, mentres os 1.102 carnés dos socios só suponen un ingreso de 135.000 euros, un 6% do montante global.

A continuación, o presidente do Arenteiro, Argimiro Marnotes, explicou aos asistentes os detalles do proceso de conversión do club en SAD e as súas vantaxes, que suporían poder dispor de achegas económicas para paliar o desfase contable previsto para o remate deste exercicio anual. Finalmente, sometéronse a votación os dous puntos propostos, para a que a directiva puxo a disposición dos socios tres cartulinas (sí, non e branco). Os resultados foron claros: 166 a favor, nove en contra e seis abstencións na primeira; e 168 síes na segunda, fronte a 10 votos de rexeitamento e tres en branco.