14 de febreiro (venres), ás 20:00 horas, presentación de Entre a vontades e o destino, obra de Xosé-Henrique Costas.
Segunda entrega da triloxía Banu Marwán na que, a través do noso protagonista, nos mergullamos nunha sociedade conflitiva e asemade conciliadora, onde a xente do pobo só busca sobrevivir fronte ás fortes presións e tensións das diversas faccións sociais, políticas, étnicas e relixiosas da época.
Xunto co autor acompañaranos Moncho Iglesias Míguez, escritor, tradutor e profesor de Ensino Secundario.

O 22 de febreiro (sábado) celebramos na nosa tenda, como vimos facendo dende que abrimos ao público, o Día de Rosalía (o día 23, o propio día, coincide este ano con domingo polo que o celebramos na véspera para buscar a maior participación posíbel). - Lectura do manifesto da AELG - Estarán connosco Rosalía e Murguía - Interpretación da "Alborada de Rosalía" - Lectura da obra de Rosalía de Castro - Música ao vivo - Caldo de Gloria para as e os asistentes
Para unirse e participar porse en contacto connosco, a participación inclúe unha cunquiña de caldo de gloria.