A Casa do Concello do Carballiño acolle o xoves a presentación dun libro de Francisco Peña sobre o desafío medioambiental

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O salón de plenos da Casa do Concello do Carballiño será o lugar de acollida para unha conferencia e a presentación do libro “Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: las claves para afrontar las grandes amenazas del siglo XXI”, do que é autor o profesor Francisco Peña. O acto dará comezo ás 20,00 horas e contará coa presenza do alcalde, Francisco Fumega, e a participación de Eleuterio Martínez Alcántara, científico e investigador de recoñecido prestixio en América, expresidente da Academia de Ciencias da República Dominicana. Asemade, darase a coñecer a publicación “El corazón verde azulado de Galicia en vilo”, que vén de saír do prelo, e na que se analiza dende o rigor científico e a independencia de criterio o proxecto GAMA, relativo á factoría de celulosa e textil que se pretende instalar en Palas de Rei.

A obra “Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: las claves para afrontar las grandes amenazas del siglo XXI” mergúllanos nunha viaxe apaixoante polos desafíos e ameazas ambientais máis acuciantes do noso tempo, e fai unha análise exhaustiva con propostas concretas sobre a contaminación atmosférica urbana, o cambio climático e a perda da biodiversidade, entre outros aspectos. Tamén nos ofrece un diagnóstico certero da situación, e proporciona claves e solución innovadoras para construír un mundo novo e un futuro máis saudable e sostible para as xeracións vindeiras.

A nivel local, o libro pon en valor a natureza da provincia de Ourense coma fonte de riqueza e xeradora de desenvolvemento sostible, coma é o caso do termalismo, destacándose os balnearios de As Caldas de Partovia, Arnoia, O Carballiño, Cortegada, Laias e Lobios, que integran a radiograría termal de Galicia. Francisco Peña foi o promotor do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2025, que puxo en marcha no ano 2000 cos parabéns da OMS, e que levou por toda a xeografía galega ao traverso dos Cursos de Saúde Ambiental.