Ourense, 11 de febreiro de 2025.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión esta mañá coa alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, que serviu para analizar as principais necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.
Manuel Pardo, trasladoulle ao rexedor “o compromiso da Xunta de traballar de forma conxunta no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar dos veciños e veciñas do municipio”.