A Garda Civil do Carballiño procedeu á detención onte de dous veciños deste municipio como presuntos autores do roubo de cableado de cobre nunha rede aérea de telefonía. Os axentes sorprenderon ‘in fraganti’ a dous homes, de 27 e 18 anos de idade, cando, ao fío das 18,00 horas, se atopaban substraendo cable de cobre dun tendido telefónico ubicado na estrada OU-0417, que comunica a N-541 coa localidade de Ventosa, no municipio do Irixo.
Concretamente, foi no punto quilométrico 0,800, é dicir, a tan só 800 metros do cruce da Toscaña, barrio situado na periferia do casco urbano da vila do Arenteiro, na devandita vía de comunicación que vai ata o campo da Saleta, en Boborás. Os detidos pasarán a disposición do Xulgado de Instrucción Nº 1 do Carballiño, pola presunta comisión dun delito de roubo con forza nas cousas.
Ademais, os axentes incautáronse dunha serra radial e dunha furgoneta, que os detidos utilizaban, respectivamente, para cortar o material metálico e gardalo, que consistía nun total de 150 metros de cableado de cobre, según as medicións practicadas.