
A recente edición da ‘Feira do Stock de Inverno’, organizada esta pasada fin de semana pola Asociación de Comerciantes Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño concluíu cun notable éxito, según a valoración feita por esta agrupación. Neste sentido, os datos que manexa a organización cifran que nas tres xornadas nas que se celebrou o evento, o volumen de negocia xerado achegouse aos 38.000 euros.
Un total de 14 comerciantes do CCA ofreceron en carpas instaladas na Praza Maior da vila importantes descontos entre a tarde do venres, día 21, e a noite do domingo, día 23 de febreiro, en moda, calzado, complementos, artigos para o fogar e incluso unha gran variedade de froitas. A entrada era totalmente libre e gratuíta, permitindo a tódolos asistentes aproveitar as mellores ofertas e, de paso, apoiar ao comercio local do Carballiño.
Dende o CCA sublíñase que este evento, que contou coa colaboración do Concello do Carballiño e a cofinanciación da Xunta de Galicia, “consolidouse coma unha cita imprescindible para comerciantes e consumidores da comarca”. Os organizadores tamén apuntan que, según as enquisas realizadas entre os establecementos participantes, “o 90% amosaron a súa satisfacción polas vendas acadadas durante o desenvolvemento da feira, e a totalidade expresou o seu interese en participar en vindeiras edicións”. E todo elo, a pesares das condicions meteorolóxicas adversas, “xa que a afluencia de público foi constante, o que demostra a importancia deste tipo de iniciativas para dinamizar o comercio local”.
Un dos momentos máis destacados do evento foi o sorteo presencial dun vale de compra por valor de 100 euros, que atraxo a centos de persoas á carpa do CCA instalada na Praza Maior, na tarde do pasado domingo. Resultou gañadora María Jesús Ledo, que realizou varias compras nos comercios participantes e, tras ser premiada, despuxo da mesma xornada para canxear o seu premio nos distintos stands, levándose unha importante cantidade de produtos.
O éxito desta edición motiva a Centro Comercial Aberto do Carballiño a comezar os preparativos para a próxima ‘Feira do Stock’ de verán, prevista para o mes de agosto. Dende a organización agradecen a implicación do Concello e da Xunta, “unha colaboración entre institucións e comerciantes locais que reforza o compromiso co desenvolvemento económico da rexión e a promoción do comercio de proximidade, ofrecendo aos consumidores oportunidades únicas para adquirir produtos de calidade a presos reducidos”.