Ourense, 27 de febreiro de 2025.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co presidente de ALCER Ourense, Miguel Ángel Quintas, quen informou ao delegado dos fins deste colectivo e das distintas actividades enfocadas á prevención e a loita contra as enfermidades que afectan ao ril nas que están a traballar.
No encontro Manuel Pardo puxo en valor a contribución desta asociación á axuda moral e física de todas aquelas persoas afectadas por enfermidades renais.