Ribadavia acollerá varias actividades para celebrar as Xornadas Europeas da Cultura Xudía

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello de Ribadavia celebrará as xornadas europeas da cultura xudía, programando diferentes actividades ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro. A primeira destas actividades celebrarase mañá sábado 19 de setembro ás 12:00 na igrexa da Madalena e trátase dunha charla de inmersión á repostería sefardí con Abigail Cohen, na que se falara dos segredos desta repostería tradicional.

Posteriormente terán lugar, tamén na igrexa da Madalena, dúas exposicións vinculadas coa celebración destas xornadas europeas da cultura xudía. A primeira delas, que se poderá visitar do 27 de setembro ao 11 de outubro, é a exposición “Benjamín de Tudela, Un viajero en el tiempo”, que fai un percorrido pola ruta do viaxeiro mais afamado da idade media, de Tudela a Xerusalén por Roma, Alexandría ou París. Esta exposición reflexa o estado recente das xuderás e dos paises que Benjamín de Tudela visitou entre 1163 e 1174, impresións recollidas despois no seu Libro de Viaxes publicado en Constantinopla en 1543.

HIPER MASIDE

Finalmente, a igrexa da Madalena acollerá tamén do 20 de outubro ao 15 de novembro a exposición da Biblioteca Nacional de Israel “Jewish Journeys”.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “Estas actividades para conmemorar as xornadas europeas da cultura xudía, lévanse a cabo grazas á colaboración entre o concello de Ribadavia e a “Red de juderías de España-Caminos de Sefarad”, unha colboración que está a ser moi estreita neste último ano no que Ribadavia pasou a formar parte da xunta directiva de Caminos de Sefarad.”

César Fernández sinalou que “dende que chegamos ao goberno temos apostado de xeito decidido por reforzar a presenza de Ribadavia na red de juderías porque somos conscientes do enorme potencial de atracción turística que ten esta rede. Por eso, ao chegar ao goberno, asinamos un acordo coa rede para establecer un plan de pago da débeda que Ribadavia tiña coa rede de xuderías, unha débeda contraída por anteriores gobernos e que ascendía a 41.417€. Hoxe estamos pagando esa débeda e reforzando o papel de Ribadavia na rede.”