O concello comprométese a correxir os erros nas bases das axudas para a segunda convocatoria

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A corporación do concello do Carballiño reuniuse esta mañá en sesión plenaria a partir das 09:00 horas e que se prolongou ata pasadas as 14:00 horas. O primeiro punto consistiu na aprobación do padrón, no que O Carballiño conta a 1 de xaneiro de 2020 con 14.089 habitantes, unha cifra bastante aceptable, pero motivada polo grupos de poboación procedentes doutros países, facendo necesarias políticas de asentamento poboacional.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

En canto as propostas da oposición, BNG, propón a elaboración dun censo de produtores locais para facilitar a venda no comercio de proximidade. A proposta incluía tamén o cobro dun imposto superior ás grandes superficies e a implantación da tarifa eléctrica galega.

No primeiro destes punto, o apoio ó comercio e produtores, todos amosaron o seu acordo. O PP amosou as dificultades de levar a cabo algúns deste puntos, como a imposto a grades áreas ou a tarifa eléctrica, polo que non deu o seu punto favorable.

A moción de Espazo Común para modificar as bases das axudas da covid foi a máis polémica. A totalidade da oposición amosou o seu acordo ante que se modifiquen para que poidan chegar a todos.

Pola súa parte, o goberno local respondeu ás preguntas da oposición asegurando que a contratación da empresa que levou as bases era necesaria para o apoio total en todo o relacionado ca covid e co bono comercio. Afirman que se estimaron 26 alegacións, polo que xa se concederon 200 axudas. Ademais, explicaron os motivos do rexeitamento das axudas ós solicitantes.

O goberno comprometeuse tamén a seguir traballando nesas bases e correxir os erros, abrindo a posibilidade a recibir todas as aportacións da oposición.

Outro dos temas foi a moción presentada polo Partido Popular, na que pedían a construción dun cemiterio civil de titularidade municipal, una proposta apoiada pola corporación e para a que se iniciarán os procedementos necesarias, tendo que recorrer ó remanente.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------