O delegado territorial visitou esta mañá, acompañado do alcalde, o parque empresarial de Pontedeva

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

manuel pardo lembra que está aberta a convocatoria das axudas da xunta dirixidas a concellos para a mellora dos parques empresariais

  • O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto  unha nova orde de axudas por máis de 3 millóns de euros dirixidas dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde
  • As solicitudes, que terán un prazo de presentación ata o 7 de marzo, poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula
  • Manuel Pardo explicou que as achegas desta orde teñen unha intensidade do 80% do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 120.000 euros para as solicitudes individuais e de 138.000 euros para as solicitudes conxuntas
  • O representante do Goberno galego subliñou que o obxectivo desta liña é a mellora dos servizos e o acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas

Ourense, 03 de marzo de 2025. – O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá, acompañado do alcalde, Juan Carlos González, o parque empresarial de Pontedeva, ao que a Consellería de Economía e Industria destinou preto de 85.000 euros para mellorar o acceso ao polígono industrial, correspondente á convocatoria do ano anterior para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais galegos.

O delegado territorial significou a aportación do Goberno galego de máis de 435.000€ aos parques industriais dos concellos de Allariz, Celanova, Pontedeva, San Cibrao das Viñas, Vilamarín, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e O Pereiro de Aguiar que encadra coa política industrial da Xunta a prol da modernización e á competitividade dos polígonos industriais e facilite que as empresas dispoñan dos servizos e infraestruturas que necesitan para levar a cabo a súa actividade.

Aproveitando a súa visita , o delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto  unha nova orde de axudas por máis de 3 millóns de euros dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde. As solicitudes, que terán un prazo de presentación ata o 7 de marzo, poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula.

Manuel Pardo explicou que as achegas desta orde teñen unha intensidade do  80% do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 120.000 euros para as solicitudes individuais e de 138.000 euros para as solicitudes conxuntas, contemplando anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Tamén detallou que o procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva, téndose en conta criterios como a superficie do parque, o seu nivel de ocupación ou a poboación do municipio.

O representante do Goberno galego concluíu destacando a importancia de “manter unha liña de colaboración e comunicación con todos os concellos para poder levar a cabo obras como esta que benefician ao tecido empresarial galego”.

As obras

As actuacións foron encamiñadas a mellorar o acceso ao polígono industrial, ampliando o acceso existente, e consistiron na pavimentación da zona de entrada ao polígono (acceso Oeste), dotándoa dun pavimento de formigón e colocando sumidoiros para a evacuación das augas de choiva.