FRANCISCO CARBALLO CARBALLO (Maceda, 1925 – Santa Marta de Tormes, 2014). O 8 de marzo de 1925 naceu Francisco Carballo (presbítero, historiador, teólogo, político, docente, xornalista e activista cultural) no lugar de Celeirón, parroquia de Asadur, concello de Maceda, bispado de Ourense.


PROGRAMA DE ACTOS:
11:00 h. Ofrenda floral no cemiterio de Asadur. Intervirá Miguel Anxo González Ramos (sobriño neto de F. Carballo). Visita guiada á igrexa de Asadur.
11:30 h. Lectura dun texto de F. Carballo diante da súa casa matricial en Celeirón. Intervirá Celso Sánchez (ex tenente alcalde de Maceda).
12:00 h. Punto de encontro na vila. Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda. Intervirá Uxía Oviedo (alcaldesa de Maceda).
12:30 h. Acto central no salón de actos da Casa do Concello de Maceda:
Música: Ergutío Cantareiras.
Audiovisual: “Lembrando a Francisco Carballo” de Xan Carballa.
Intervencións: Beatriz Cuenca (concelleira de Cultura).
Francisco Rodríguez (presidente da Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas presentará o monográfico “Francisco Carballo. Na fronteira do eclesial e co corazón na Galiza”.
Milagros Calvo Carballo (sobriña de F. Carballo).
Manuel Peleteiro (crego inculturado) e Antón Gómez (ex cura obreiro).
Xan Carballa (xornalista).
Bieito Seara (ex alcalde de Maceda).
Ana Pontón (portavoz nacional do BNG).
Mantedor dos actos: Santiago Prol (presidente da AAFC).
Organiza: Asociación Amigos de Francisco Carballo. Colaboran: Concello de Maceda e Fundación Terra e Tempo.