Mobilizacións do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas pola situación de urxencia do SAF

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Están convocadas para este xoves, día 26 de marzo, diante das casa dos concellos de Arteixo, Narón, Teo, Monforte, O Carballiño, Vilagarcía e Ponteareas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Compostela, 26 de marzo de 2025.- O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG convoca para mañá xoves, día 26 de marzo, concentracións diante dos concellos de Arteixo, Narón, Teo, Monforte, O Carballiño, Vilagarcía e Ponteareas para reclamar a xestión pública directa do Servizo de Axuda no Fogar por parte da Xunta de Galiza. Un SAF dotado con orzamentos e persoal suficiente que permita atender a enorme demanda que ten este servizo; que responda ás necesidades de apoio que teñen as persoas dependentes e as súas familias e no que se garantan unhas condicións laborais e salariais dignas ao persoal.

A CIG segue a demandar a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas que xestione todos os recursos públicos, incluído o SAF, “para que as persoas dependentes poidan ter cubertas as súas necesidades en condicións dignas e de xustiza social”.

Concellos e horarios:

  • Arteixo: ás 11h, diante do concello
  • Narón: ás 12h, diante do concello
  • Teo: ás 11h, diante do concello
  • Monforte: ás 12h, diante do concello
  • O Carballiño: ás 12h, diante do concello
  • Vilagarcía: ás 11.30h, diante do concello
  • Ponteareas: ás 11h, diante do concello