A Deputación garante a continuidade da Feira Educativa de Ourense, iniciativa colaborativa coa Xunta que achegou a Expourense máis de 3.000 estudantes, profesores e familias

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, acompañou ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na clausura desta acción que serviu de punto de encontro para o profesorado e alumnado de 15 centros educativos da provincia que está a piques de rematar a educación secundaria e o profesorado

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O expositor da Deputación ofreceu durante toda a feira información a máis de 700 persoas de accións formativas complementarias, do Obradoiro de Istrumentos Musicais, da Escola Provincial de Gaitas, da Escola de Arte e Oficios e do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo

Ourense, 3 de abril de 2025.

A I Feira Educativa de Ourense, a primeira experiencia de colaboración no ámbito educativo que reúne nun mesmo espazo a colexios, institutos, centros de FP, universidades e mesmo forzas armadas, foi clausurada esta mañá cun grande éxito de asistencia, con máis de 3.000 persoas que se achegaron ata Expourense, na súa meirande parte estudantes, familias e profesores.

O acto de clausura estivo presidido polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado polo vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández. Á vista do enorme éxito desta acción, no que o alumnado de 15 centros educativos da provincia tivo a oportunidade de coñecer a oferta de ensino e o traballo que se fai noutras 15 entidades participantes, a Deputación garante que esta feira terá continuidade e non quedará só nunha acciona illada.

Precisamente, o presidente provincial, Luis Menor, explicaba ao inicio desta iniciativa o seu convencemento de que as administracións teñen “a obriga de xerar talento entre as novas xeracións”, así como de “reter esas capacidades no noso territorio”. Precisamente, debido a ese carácter estratéxico e clave para o futuro, Menor garantiu que esta acción non será puntual, senón que terá continuidade para converterse nun lugar de referencia para estudantes e profesores.

Expositor propio da Deputación

A Feira Educativa contou tamén cun expositor propio da Deputación, onde persoal da institución provincial ofreceu información detallada das accións formativas complementarias que imparte a Deputación a través do Obradoiro de Instrumentos Musicais, da Escola Provincial de Gaitas, da Escola de Arte e Oficios e do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. Esta información foi achegada a máis de 700 persoas interesadas nestas actividades.

Ademais, un aspecto que salientan desde a organización deste evento é  que os visitantes conformaron un público obxectivo moi directo e interesado en todas as accións ofertadas, situando á I Feira Educativa nun plano especializado que foi moi apreciado tanto polos expositores como polos propios visitantes.