A agrupación municipal do Psdeg trslada o seu pesar polo falecemnto do histórico socialista Plácido Diz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 4 de abril de 2025. A Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG-PSOE da cidade de Ourense quere trasladar, mediante o presente comunicado, o seu pesar e tristeza pola recente morte do histórico militante do partido Plácido Diz Diz e todo o apoio e azos para o seu fillo Pepe Diz, tamén militante socialista, nestes duros momentos.

Destacamos dende a CEM do finado o seu férreo compromiso coas siglas do partido de xeito inesgotable e reivindicativo participando incansable e activamente nas asembleas, as campañas electorais e os diferentes actos organizados polos e polas socialistas, en moitas ocasións acompañado da súa muller, tamén militante xa falecida, e levando con orgullo a súa pertenza ao PSOE.

Hoxe é un día triste para o socialismo ourensán ao quedar a agrupación municipal de Ourense orfa dun home bo e xeneroso no só como militante, senón tamén coidando da súa muller Pepita ata os seus últimos días.

Dende a CEM enviamos unha forte aperta á familia e amizades de Plácido Diz nestes tristes momentos e comprometémonos a continuar lembrando aos que, coma el, traballaron sen cesar a prol da liberdade, a xustiza e a reparación nesta cidade.