Espazo Común acusa ao goberno do Carballiño de perder unha subvención que aínda se está a tramitar ante a UE

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Espazo Común fixo público onte unha nota de prensa no que, aludindo a unha publicación realizada por un diario dixital, manifesta  a súa preocupación pola suposta perda, por parte do Concello do Carballiño, dunha “subvención que xa tiña aprobada de máis dun millón de euros de fondos europeos”. Este grupo da oposición refírese ao proxecto orientado á modernización do ciclo integral da auga que fora presentado conxuntamente polos concellos ourensans do Carballiño, Maside e Melón e os pontevedreses da Cañiza, Mondariz e Mondariz-Balneario, e que supón un investimento global de 4,9 millons de euros, incluído no Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PERTE).

Apuntan dende Espazo Común que “a cuestión radica en que para esta subvención foron incluídos conceptos que tamén se incluíron nos proxectos a acometer pola empresa que resulte adxudicataria do polémico contrato da auga que se atopa en proceso de adxudicación”, no que o contrato suma ao redor de 60 millons de euros para os vindeiros 20 anos. Este grupo da Corporación “urxe que os irresponsables que rexen este Concello saian a dar expliacións”, e conclúen que, de terse confirmada a perda da subvención, “os 11 membros do goberno de PSOE e PP con Fumega e Pepe Castro á cabeza deberían ter dignidade e presentar a súa dimisión inmediata e irrevocable”.

Sen embargo, a realidade é ben diferente. Se ben o devandito proxecto intermunicipal foi aprobado provisionalmente o ano pasado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, contemplando case 1,5 millons de euros de investimento para O Carballiño, o certo é que aínda non foi remitido á Unión Europea para a súa avaliación e aprobación definitiva, según asegurou hoxe o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

Este proxecto incluído no PERTE para a dixitalización do ciclo da auga, ten como obxectivo a súa modernización para mellorar as infraestruturas e os sistemas de distribución, reducindo as perdas existentes na actualidade e mellorando as infraestruturas do tratamento das augas residuais. “Non hai ningún tipo de contradicción entre os traballos de dixitalización contemplados no PERTE cós que figuran no contrato de adxudicación da rede municipal de augas, non son incompatibles”, afirmou Francisco Fumega.