- O delegado territorial detallou que esta actuación na vía autonómica forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe nun total de 6 estradas no seu percorrido por 7 concellos da provincia de Ourense, cun investimento da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de máis de 3M€.
- O delegado territorial explicou que os traballos que se están a executar contan cun orzamento de máis de 785.000 euros e dará servizo a unha poboación de 875 habitantes
- O representante do Goberno galego destacou que, a través destas intervencións, a Xunta segue a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación
Ourense, 10 de abril de 2025. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou esta mañá o inicio das obras de mellora do firme na estrada OU-533 ao paso polo seu concello de Petín. Os traballos que se están a executar contan cun orzamento de máis de 785.000 euros e dará servizo a unha poboación de 875 habitantes.
O delegado territorial que esta actuación na vía autonómica forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe nun total de 6 estradas autonómicas ourensás, OU-533, OU-602, OU-603, OU-622, OU-636 e OU-933, polas que discorren 7 concellos da provincia de Ourense, O Bolo, Larouco, A Rúa, O Barco, Rubiá, Pobra de Trives, e Petín, cun investimento da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de máis de 3 millóns de euros.
As obras
O representante do Goberno galego explicou que as obras consisten na rehabilitación superficial do firme mediante o fresado total (5 ou 10 centímetros de espesor, segundo o grado de deterioro) da capa de rodadura actual en todo o ancho da estrada ou en todo o ancho de carril, podendo incluírse as zonas de aparcadoiro; e a reposición das superficies fresadas. Tamén detallou que unha vez executado o reforzo do firme, procederase ao repintado da sinalización horizontal, mantendo os actuais criterios na ordenación do tráfico.
Reunión coa alcaldesa
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, aproveitou a súa estadía na contorna para manter un encontro coa alcaldesa de Petín, Raquel María Bautista, que serviu para analizar as principais necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.