Paula Prado reivindica ao PPdeG desde Larouco como o partido das mulleres e do rural

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, en declaracións aos medios durante a visita ao concello da comarca de Valdeorras, acompañada da alcaldesa

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

●       A secretaria xeral salienta que a formación é a que máis alcaldesas ten en Galicia, un total de 29 e 13 delas na provincia de Ourense: “Agardo que nas próximas eleccións municipais incrementemos ese liderado feminino que tanto estamos a impulsar”

●       Asegura que o PPdeG é a formación “mellor preparada para levar a cabo políticas en feminino”, baixo o liderado de Alfonso Rueda, do que mañá se cumpre un ano da toma de posesión da súa primeira maioría absoluta

●       Patricia Lamela destaca que Larouco, con máis de medio millar de habitantes, é “un concello que se mantén en poboación”, e sinala como unha das razóns “o emprendemento en xeral e, en especial, desas novas empresas que se crearon na súa maioría en clave feminina”

12 de abril de 2025. A secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, reivindicou hoxe desde Larouco ao PPdeG como “o partido das mulleres e do rural”, salientando que é a formación con máis alcaldesas en toda Galicia, un total de 29, e que gran parte delas, como Patricia Lamela, lideran pequenos concellos.

Paula Prado visitou este sábado o núcleo de Larouco, así como a parroquia de Seadur, acompañada da alcaldesa Patricia Lamela; da secretaria xeral provincial do PP de Ourense, Sandra Quintas; dos deputados autonómicos Miguel Ángel Viso e Víctor Baladrón; e doutros representantes populares.

Alí, a secretaria xeral salientou que Patricia é unha das 29 alcaldesas do PP de Galicia, unha cifra que converte ao partido no que máis ten na Comunidade e, ademais, case a metade, un total de 13, son da provincia de Ourense. “Agardo que nas próximas eleccións municipais incrementemos ese liderado feminino que tanto estamos a impulsar desde o PPdeG”, lanzou.

Por este e outros moitos motivos, subliñou, o PPdeG é a formación “mellor preparada para levar a cabo políticas en feminino”, baixo o liderado de Alfonso Rueda, do que mañá, lembrou, se cumpre o primeiro ano da toma de posesión da súa primeira maioría absoluta.

A número dous dos populares galegos puxo de exemplo a Larouco do “labor, liderado e emprendemento” das mulleres do rural galego: “Desde o PPdeG queremos dar as grazas a todas esas mulleres que fixeron tanto polo rural galego e poñer en valor que cada vez hai máis mulleres facendo Galicia no rural”.

“É de destacar a contribución inmensa das mulleres galegas ao desenvolvemento económico da nosa Comunidade, unha contribución que merece ser celebrada e recoñecida”, engadiu, e asegurou que o PPdeG desexa que “a Galicia rural siga viva, que a remuda xeracional sexa unha realidade e que a muller siga sendo protagonista”.

FAMILIAS QUE “QUEREN SEGUIR VIVINDO EN LAROUCO”

Por último, Paula Prado puxo a Patricia Lamela, que vai cumprir 6 anos sendo alcaldesa, como unha “referente” na comarca de Valdeorras, ao tratarse dunha muller “valente, que defende aos seus veciños”, e un “exemplo para todas as mozas que están empezando na política”.

Pola súa banda, a rexedora destacou que Larouco, con máis de medio millar de habitantes, é “un concello que se mantén en poboación” —naceron 17 nenos nos últimos anos—, e sinalou como unha das razóns “o emprendemento en xeral e, en especial, desas novas empresas que se crearon na súa maioría en clave feminina”.

“Temos empresas que levan moitos anos, pero hai que destacar que as novas creacións foron de emprendemento feminino, así que hoxe o meu agradecemento vai a todas esas mulleres que seguen pensando no rural, que seguen querendo vivir no rural e que vinculan a súa vida a negocios do rural”, abundou Patricia Lamela.

Trátase, concluíu, de familias, veciñas e veciños que “cren nas súas empresas, cren en Larouco, non se marchan e seguen querendo vivir aquí”.