O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa alcaldesa de Boborás, Ana Patricia Torres, que servíu para analizar as principais necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.
Manuel Pardo, fixo fincapé na importancia da cooperación entre as administracións autonómica e local “para garantir servizos e dotacións que nos permitan equilibrar as condicións de vida e de traballo en todo o territorio” e, neste senso, trasladoulle á rexedora “o compromiso da Xunta de traballar de forma conxunta no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar dos veciños e veciñas do municipio”.