Javier Ramilo e Manuel Osorio e David Calvo, vencedores do rallymix Serra de Argallo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Javier Ramilo, na clase A, e Manuel Osorio e David Calvo, na B, foron os vencedores do Rallymix Serra de Argallo, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

Unha primeira proba do certame que se celebrou na mellor puntuada da tempada 2024 e que contou con nada menos que 84 equipos na liña de saída.

Entre todos eles, o mellor clasificado da xeral conxunta e evidentemente da clase A, foi Javier Ramilo “Kobas”, campión do certame en catro ocasións e que estreou o seu marcador cun apretado triunfo na localidade pontevedresa.

O piloto do Yacarcross aventaxou en pouco máis de sete segundos ao defensor do título, Alfonso “Pisko” Ventín.

O terceiro chanzo do podio foi a mans do berciano Antonio Viloria, completando o triplete Ya Car.

Na clase B, reservada a carrozados, primeiro posto para Manuel Osorio, que nesta ocasión estreaba copiloto, David Calvo. Aos mandos do Skoda Fabia R5, superou en 49 segundos a Celestino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5.

A terceira posición da categoría foi para Santi e María Martínez, nunha excelente proba no Ford Fiesta R2, sendo ademáis o primeiro dúas rodas motrices.

Os martínez, pai e filla, clasificáronse por diante de Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo, vencedores da Copa Pirelli. A continuación neste formato promocional situáronse Marcos Lousa e Raúl García e Carlos Maquieira e José Manuel Angustia.

A Copa MRF foi para “Pisko” Ventín, seguido de Abel Jurado e de Adrián Andrés Hurtado.

Por último dentro da Copa Iniciación Escuderías, victoria para Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo. Completaron o podio Marcos Lousa e Raúl García e José Pena e Lucía Regos.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar en Touro os días 2,3 e 4 de maio.