O servizo ‘Liña Verde’ do Concello de Avión acada gran éxito ao ter solucionado o 95% das incidencias comunicadas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Avión manifesta o éxito obtido no seu municipio tras a implantación de ‘Liña Verde’, a aplicación para teléfono móvil dende a cal a veciñanza pode comunicar calquera tipo de incidencia, avaría ou denuncia ambiental. Desde a posta en funcionamento do servizo, a participación cidadá ha experimentado un crecemento exponencial. Isto demostra unha eficaz resposta por parte do Consistorio na resolución de incidencias comunicadas polos veciños. A día de hoxe o 95% das incidencias recibidas foron xa solucionadas. O tipo de incidencias máis frecuente son aquelas que fan referencia a “Iluminación” (56%), seguido de “Recollida de Aveños e Voluminosos” (19%), “Incidencias Estradas” (10%), “Limpeza Espazos Públicos” (6%), “Avespa Velutina” (6%) e “Avaría Auga Municipal” (2%).

Grazas á implicación directa dos veciños, o Concello pudo levar a cabo áxiles actuacións. Ademais, tivo coñecemento de certas necesidades das que non tiña constancia. Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde. Para iso, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada na súa Smartphone (Android ou IOS). Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia, Avión neste caso.

O procedemento é moi rápido e sinxelo. Para comunicar un dano, basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é anexar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

A través de Liña Verde, o usuario tamén pode expor calquera consulta ambiental. Basta con seleccionar a opción de “Fai a túa consulta”. Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta. Ao servizo Liña Verde tamén se pode acceder a través do dominio www.linaverdeavion.gal. Ademais de comunicar unha incidencia ou expor unha consulta, o usuario dispón dun amplo contido de consulta ambiental (guía de boas prácticas, consellos, información propia do municipio, …). Liña Verde tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 en horario de 8,00 a 17,00 horas (custo da chamada 0,07 €/min).

Dende o Concello de Avión manifestan estar moi satisfeitos cos resultados obtidos e anima aos veciños do municipio para seguir utilizando esta canle directa de comunicación.