O Día do Libro volve ao Paseo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • A tradicional carpa instalarase novamente na rúa do Paseo, no primeiro tramo desde o Parque de San Lázaro
  • As librerías da asociación repartirán marcapáginas e libros nos hospitais na véspera desta efeméride

Este mércores, 23 de abril, celébrase o Día do Libro e como en anos anteriores as librerías ourensás conmemorarán esta data sacando á rúa as novidades literarias e os clásicos de sempre. Esta cita volve á rúa do Paseo, onde se situarán un total de 10 librerías baixo unha carpa no tramo máis próximo ao Parque de San Lázaro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tanto neste espazo como nas librerías de toda a provincia haberá un desconto do 10% para os e as lectoras, acompañado dun caravel como manda a tradición.

Ademais desta celebración da lectura e do libro, a Agrupación quixo levar esta data sinalada a todas as persoas ingresadas nalgún centro hospitalario da provincia; que recibirán este día uns marcapáginas imantados, ademais de libros para os nenos e nenas hospitalizadas.

Estes marcapáginas distribuiranse tamén desde as librerías da provincia integradas nesta asociación. Desde el poderase acceder mediante un código QR ás recomendacións de lectura de cada unha das librerías integradas na Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense.