Roteiros de Primavera na Peroxa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ROTEIROS DE PRIMAVERA – A PEROXA 2025

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Logo do éxito acadado na primeira edición dos Roteiros de Primavera o Concello da Peroxa volve a organizar para este mes de maio novas rutas. Terán saída todos os domingos de maio ás 10:30h dende diferentes puntos e para participar é imprescindible anotarse nas oficinas municipais, xa que está establecido un grupo mínimo de 6 persoas.

Son rutas circulares de dificultade moderada, con algúns tramos de subida e baixada e cunha lonxitude de entre 6 e 8 km, pero aptas para todos os públicos. Iranse facendo pequenas paradas para comentar a contorna e contarase coa participación dos veciños e das veciñas das aldeas polas que pase o roteiro.

Para máis información, contactar nas oficinas municipais chamando ao 988 20 66 14 ou no enderezo electrónico turismoaperoxa@gmail.com