O Goberno destinará un millón de euros nun proxecto de promoción turística e gastronómica do Carballiño

O Goberno aprobou, a través da Conferencia Sectorial de Turismo, a posta en marcha en Galicia de 16 proxectos beneficiarios da II Convocatoria Extraordinaria do programa Plans de Sostibilidade Turística de Destino 2022. Galicia recibirá 34.5 millóns de euros dos fondos NextGenerationEU en sustentabilidade turística.

Ribeiro-O Carballiño recibe 1.500.000 euros para un plan que ten como principal obxectivo a restauración paisaxística para eliminar puntos degradados dos lugares de interese turístico, con intervencións de xestión ambiental en zonas con risco de inundación. Tamén inclúe medidas para mellorar a promoción turística deste destino.

AVANTAR ACTIVIDADES

O outro será para o concello do Carballiño e a gastronomía do polbo, valorando nun millón de euros. O plan céntrase na rexeneración natural dos parques da contorna fluvial e na integración co núcleo urbano, así como na rehabilitación dalgunhas infraestruturas, e na mellora da sinalización e iluminación. Todo isto pensando nunha mellora da oferta turística relacionada coa gastronomía do polbo.