O IES Nº1 do Carballiño acolleu a segunda edición do ‘Torneo Deportivo Intercentros’ de fútbol sala mixto.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Equipos dos centros de ensino do Carballiño e de Boborás participaron no “II Torneo Deportivo Intercentros de Fútbol Sala Mixto”, que tivo lugar ao longo desta mañá no pavillón do IES Nº1 da vila do Arenteiro. Dende as 9,00 horas, conxuntos dos IES Chamoso Lamas e Número Un e dos colexios públicos Calvo Sotelo (O Carballiño) e Nosa Señora de Xuvencos (Boborás) desputaron os seus partidos de fútbol sala mixto englobados en tres categorías diferentes de competición, dende a ESO ata o bacharelato.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha xornada máis de convivencia na que participaron integrantes da Asociación de discapacitados intelectuais (Aspadisi), que ademais de animar aos equipos en xogo e facerlles a entrega dos correspondentes trofeos, leváronse como agasallo unha medalla pola súa tarefa de colaboración.

A rivalidade san entre os dous institutos de educación secundaria tamén é un aliciente para os rapaces, que na categoría de bacharelato desputaron un competido partido que serveu para pechar o torneo, antes da concesión das medallas e copas que foron recollidas polos seus capitáns respectivos.

Este campionato enmárcase no programa “Xunt@s no Camiño” que se está a promover dende a dirección do IES Nº1 e que dende o inicio deste curso lectivo leva desenvolvendo diversas actividades de carácter solidario e intercambio xeracional entre galegas e galegos.