A empresa FCC converteuse na adxudicataria do servizo de limpeza viaria no municipio do Carballiño por un periodo dun ano prorrogable a dous, ao abeiro do concurso promovido pola Concellería de Servizos Públicos, por un importe anual de341.432 euros. As condicions desta nova concesión permite a introducción de melloras sustanciais tanto a nivel de recusos humanos coma de equipamento e, ademais, a realización de campañas anuais de concienciación e información deste servizo municipal.
Así, a Praza Maior da vila acolleu esta mañá unha presentación das novidades deste servizo de limpeza, nun acto no que participaron o alcalde, Francisco Fumega, e a concelleira de Servizos Públicos, Rosa Fuentes, que estiveron acompañados por representantes da empresa FCC e da brigada de traballadores, que a partir de agora se duplica pasando de catro a oito persoas.
Tamén foron presentadas os equipamentos que reforzarán o traballo dos operarios, consistentes, para a limpeza de beirarrúas, en decapadoras; baldeadoras de alta presión e varredara mecánica con terceiro brazo e aspiración. Ademais, porase en marcha un furgón con equipo a presión e auga quente para limpeza de manchas de graxa ou pintadas, entre outras; vehículos auxiliares de transporte para efectuar os traballos en zonas alonxadas do casco urbano; unha baldeadora mecánica de calzadas, dotada dunha pértega para uso manual nas beirarrúas, e, finalmente, sopradoras, carriños, ferramenta e desbrozadoras para bordillos.
Concello e empresa distribuiron tamén os primeiros panfletos de concienciación cidadá, coa efixie da mascota da Festa do Pulpo, ‘Octavio’ vestido con uniforme de barredor e unha imaxe dun neno e unha nena cos lemas: “As cabixas de tabaco son tóxicas e tardan moitos anos en desaparecer da natureza” e “Evita tiralas no chan e teremos un Carballiño máis limpo e sostible”.