Composición da nova Xestora local no Partido Popular do carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Venres, 25 de abril de 2025

O pasado martes, día 22 de abril, o Comité Executivo do Partido Popular na provincia de Ourense, baixo a presidencia de Luis Menor, aprobou a constitución dunha nova xestora do PP no Carballiño, á fronte da que estará Jaime Pérez xunto a Elvira Torres como Secretaria, co fin de seguir traballando para o concello coas mellores propostas e de cara ás Eleccións Municipais do ano 2027.

A nova xestora do Partido Popular no Carballiño está formada por Diana Fumega, Pepe Castro, Michel Fernández, Lorena Castro, Tatiana R Fírvida, Ramón Pinal, Lourdes Pérez, Juan Manuel Rodríguez, Argimiro Marnotes, Emilio Carballeda, Fran Padín, José Antonio Cerdeira, Pilar Caride, Ricardo Perea, Sebastián Llamazares e Teresa Cerdeira que traballarán conxuntamente e distribuídos en cinco grupos de traballo;

  1. Comunicación, Comercio, Turismo, Cultura e Atención Cidadá
  2. Obras e Deportes
  3. Rural e Servizos Públicos
  4. Educación, Normalización linguística e Política Social
  5. Medio Ambiente e Termalismo

A Xestora tamén contará co apoio técnico e xurídico de José Antonio Cerdeira e Ricardo Perea así como de Lourdes Pérez no ámbito económico e financieiro.