A Deputación ratifica o convenio de colaboración co Concello de Taboadela para a reforma da Casa Reitoral en Casa da Cultura

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta obra terá unha aportación da institución provincial de 450.000 euros

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na sesión desta semana da Xunta de Goberno mobilizáronse 776.000 euros en cooperación con diferentes municipios e entidades como a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaor), que percibirá 40.000 euros para a ampliación das súas actuais instalacións

Ourense, 5 de maio de 2025.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa sesión ordinaria semanal, vén de mobilizar un total de 775.948,83 euros destinados a cooperar con diferentes concellos e entidades.

No que atinxe á cooperación municipal, a cantidade destinada é de 715.948,83 euros. Neste apartado, a Deputación vén de ratificar o convenio de colaboración co Concello de Taboadela para a reforma da Casa Reitoral en Casa da Cultura deste municipio, o que suporá unha aportación da Deputación de 449.932,21 euros.

A sesión aprobou tamén unha subvención do Concello da Arnoia, por importe de 100.000 euros, para a expropiación de pagos do parque empresarial. Para a continuidade na rede de saneamento de A Bola destínanse 50.000 euros; mentras que para melloras do pavillón polideportivo municipal de Pereiro de Aguiar adícanse 76.016,62 euros. Para reparación de viarios municipais de Vilar de Santos a achega será de 20.000 euros, mesma cantidade que a concedida a Viana do Bolo para o acondicionamento dun camiño en Pinza.

No que atinxe ás entidades provinciais adícanse esta semana 60.000 euros, dos que a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaor) percibirá 40.000 euros para a ampliación das súas actuais instalacións, mentras que o Clube Sendeiristas de Monterrei obterá 20.000 euros para un proxecto de peche de parcela.