O BNG organiza este xoves un acto na lembranza de Castelao na Casa da Cultura do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Carballiño organiza para este vindeiro xoves un acto de homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao con motivo da celebración do 75º aniversario do seu pasamento e a celebración do ‘Ano Castelao’, que foi declarado institucionalmente pola Xunta de Galicia.

Baixo a lenda “Castelao, nacionalista galego”, esta actividade desenvolverase este día 8 de maio e terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Carballiño a partir das 20,00 horas. Neste acto aberto a toda a cidadanía participarán dúas testemuñas directas do traslado, no ano 1984, dos restos mortais de Castelao ao Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.

Concretamente, intervendrán Manuel Vázquez Cabo, carballiñés e veterano militante do BNG, que estivo presente no devandito acto de traslado, e Xan Carballa Alonso, xornalista e autor do documental sobre o regreso de Castelao dende Arxentina a Galiza.