Cine Club proxecta “A rede pantasma” este venres no Auditorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cine Club Carballiño proxectará o vindeiro venres, 9 de maio, no Auditorio Manuel María a película francesa “A rede pantasma”, centrada no mundo da espionaxe. Dirixida por Jonathan Millet, narra a historia de Hamid, un profesor sirio no exilio, que forma parte dun grupo secreto que persegue aos dirixentes fuxitivos do réxime.

A súa misión lévao a Francia tras a pista dun antigo torturador. A vinganza coa que leva anos obsesionado está a só un paso. Baseado en feitos reais, trátase dunha pelícua de espias alonxada dos tópicos do xénero que constrúe unha historia sobria chea de tensión.

Os pases de proxeccións serán coma sempre ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán, e, ás 22,30 horas en versión orixinal subtitulada, no auditorio da vila do Arenteiro.