O grupo de canto e pandeireta do Centro Sociocomunitario animará a xornada de feira do 16 no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“As Riscadeiras”, a agrupación de canto e pandeireta do Centro Sociocomunitario do Carballiño converterase en protagonista do programación adicada este ano polo Concello para festexar o Día das Letras Galegas e que se celebra o vindeiro 17 de Maio. Será precisamente na véspera, o venres día 16, cando está previsto que este grupo de música tradicional sexa quen de animar a primeira xornada de feira e mercado do presente mes cunha actuación que terá lugar ás 12,00 horas na Praza Maior da vila.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Concellería de Cultura e dirección do centro social do Carballiño decidiron que este concerto sería o máis axeitado á celebración da Lingua Galega, tendo en conta que a data está adicada nesta edición á figura tradicional das ‘cantareiras’ seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia para este ano de 2025.

Esta actuación de “As Riscadeiras” foi presentado na mañá de hoxe nas instalacions do Centro Sociocomunitario. Contando coa presenza da súa directora, Yolanda González; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a monitora de canto e pandeireta, Lorena Crespo, acompañada da propia agrupación, que interpretou en directo algunhas pezas do seu repertorio.

A agrupación de música tradicional tamén se desprazará na vindeira semana ata o edificio escolar da Uceira, adscrito ao colexio público Calvo Sotelo, e ao colexio concertado Sagrado Corazón, para colaborar coas actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas que teñen programadas nos respectivos centros de ensino.