Teresa Cerdeira mostra a súa arte nunha exposición de pintura no Centro Sociocomunitario

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na planta baixa do Centro Sociocomunitario do Carballiño aínda se pode visitar a exposición dunha pintora nada na comarca, Teresa Cerdeira, que mostra unha serie de óleos e acrílicos de estilo naturalista, uns inspirados na súa contorna familiar e outros máis vencellados ao expresionismo. Unha mostra pictórica que foi inaugurada nestas instalacions coincidindo precisamente coa conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

E é que Teresa Cerdeira é unha muller exemplo da liberdade, independencia ea autonomía feminina, que, de xeito totalmente autodidacta se iniciou na pintura buscando tan só sentirse libre e a gusto consigo mesma. Unha persoa que voltou de Bolivia e que agora se atopa a gusto no Carballiño, desfrutando da súa afección polos pinceis e o trazado que deixan nos lenzos, unha persoa que se autodefine como “luz e enerxía”.

Unha exposición que nestes días permanece aberta ao público no Centro Sociocomunitario, ubicado no número 37 da avenida Julio Rodríguez soto, á disposición de todas aquelas persoas que o desexen poidan admirar os cadros desta artista.