Rueda destaca os beneficios para Ourense das novas axudas para rehabilitar vivendas baleiras do Goberno galego

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, na Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense na que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

●       O líder dos populares galegos subliña como obxectivos “clave” revitalizar o rural, fixar poboación e recuperar patrimonio abandonado

●       Apunta que o novo plan de residencias públicas de Galicia está pensado para concellos pequenos e medianos e terá especial relevancia na provincia, onde o envellecemento demográfico é un reto central

●       Luis Menor destaca o proceso de renovación da estrutura do partido mediante a consolidación das agrupacións locais para ofrecer á militancia “a estabilidade e a coordinación que necesita”

12 de maio de 2025. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, apunta á provincia de Ourense como unha das grandes beneficiadas das novas axudas para rehabilitar vivendas baleiras que anunciou no recente Debate sobre o Estado da Autonomía e que o Goberno galego porá en marcha nos próximos meses.

Tal e como subliñou esta tarde na Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense, esta nova liña de axudas é un exemplo da “aposta clave” do Executivo autonómico para revitalizar o rural, fixar poboación e recuperar patrimonio abandonado.

Acompañado polo presidente do partido na provincia, Luis Menor, e pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o líder dos populares galegos destacou que esta proposta, nacida das demandas que os representantes do partido trasladan de forma continua desde o territorio, terá un impacto directo e transformador.

Ao igual que o terán outras das medidas anunciadas no Debate sobre o Estado da Autonomía como é a execución do maior plan de residencias públicas da historia de Galicia. Un plan pensado para concellos pequenos e medianos e de especial relevancia en Ourense, onde o envellecemento demográfico é un reto central.

“Esta é a política de verdade: a política que transforma vidas e que se aplica a pé de obra nos concellos”, asegurou Rueda enxalzando a política de proximidade que practican os alcaldes e voceiros do partido na provincia e que os leva non só a ser a referencia dos veciños, senón tamén os garantes da conexión entre o territorio e o Goberno da Xunta.

O presidente concluíu que, por cousas como estas, os proxectos doutros partidos non calan nunha Comunidade que aposta pola estabilidade, a moderación e a seriedade. Tal e como demostra a confianza dos galegos e galegas no PPdeG: o partido da responsabilidade, da política útil e do respecto ás institucións e ás persoas.

UN PARTIDO REGRADO E RENOVADO

Luis Menor lembrou pola súa banda o compromiso que adquiriu para facer un partido regrado, cunha estrutura renovada, cos seus lexítimos representantes por toda a provincia e os seus correspondentes órganos de goberno e decisión. Neste sentido, subliñou que o PP de Ourense está nese camiño, afrontando en 2025 unha intensa fase de consolidación das agrupacións locais na provincia, e tamén na capital.

O presidente provincial destacou que en marzo comezou un amplo período congresual coas convocatorias xa celebradas do Barco de Valdeorras, Toén, Maside, A Bola e Cenlle. Congresos que continuarán desde finais deste mes con dez convocatorias máis: Os Blancos, Bande, Vilariño de Conso, San Xoán de Río, Monterrei, Sarreaus, San Amaro, Piñor, A Rúa, e Baños de Molgas.

O obxectivo, dixo, é seguir ofrecendo á militancia a estabilidade e a coordinación que necesita nos seus respectivos territorios, conformando os mellores equipos cara as eleccións locais de maio de 2027.

Para consolidar e normalizar a estrutura orgánica do partido, engadiu Luis Menor, tamén compre que as agrupacións locais estean en disposición de afrontar un congreso que axude a unir, ampliar e fortalecer o partido.

Deste modo, aprobáronse as xestoras locais de Barbadás, Xinzo de Limia, O Carballiño e Allariz, así como a da cidade de Ourense, cuxo liderado asume Ana Méndez, logo tamén de asumir en xaneiro a portavocía do grupo municipal no Concello de Ourense.

Ademais de facer balance da actividade desenvolvida polo PP de Ourense, Luis Menor tamén destacou a positiva evolución da campaña de afiliación, con 165 novas altas desde comezos deste ano.

“Sen euforias que distraian a nosa atención”, afirmou, que este é o resultado dun intenso traballo que ten como fin achegar a mensaxe do PP a toda a sociedade ourensá, “como partido apegado á terra que somos”.