A Garda Civil desarticula a organización criminal que roubara medio millón de euros en xoias e diñeiro en Beariz e Avión

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Garda Civil vén de desarticular unha organización criminal adicada ao roubo con forza en vivendas habitadas da provincia e tamén ao cultivo de prantas de droga, e que operaba a nivel de todo o Estado. A ‘Operación Vértigo’, que se saldou coa detención de oito integrantes desta banda, iniciárase no verán de 2024 tra-las denuncias efectuadas polos propietarios dun total de 14 vivendas dos municipios de Avión e Beariz, aos que lles tiñan substraídas xoias e diñeiro en efectivo por un valor de 500.000 euros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os oito detidos foran localizados entón por axentes da Garda Civil de Ourense, pero déronse á fuga no intre da súa identificación. Durante o desenvolvemento da ‘Operación Vértigo’ leváronse a cabo un total de oito rexistros domiciliarios nas ciudades de Barcelona, Tarragona e Castellón, que deron como resultado a incautación de dúas pistolas, 2.100 plantas de marihuana e lámparas e material para o seu cultivo, 10 quilogramos de hachís, 7.300 euros en efectivo e varios efectos utilizados nos roubos.

Aos detidos impútasenlles un total de 14 delitos de roubo con forza en vivendas; pertenza á organización criminal, tráfico de derogas, blanqueo de capitais, un delito contra a seguridade do tráfico e atentado contra axentes da autoridade.

A ‘Operación Vértigo’ foi desenvolta polas unidades orgánicas da Policía Xudicial de Ourense e Tarragona; GAR e GRS de Barcelona; USECICs de Barcelona e Tarragona; Servizo Cinolóxico e Unidade Orgánica da Policía Xudicial de Castellón.