Ribeiro en Común demanda que a Corporación de Ribadavia realice unha declaración institucional sobre a situación en Gaza

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ribeiro en Común fai unha proposta de declaración institucional do Concello de Ribadavia sobre a situación na franxa, aproveitando a presidencia rotatoria e a vindeira reunión da Rede de Xuderías, que terá lugar na nosa localidade, buscando un maior impacto e difusión de presión ao mundo xudeu. De aprobarse, Ribadavia sumaríase a moitas institucións, locais, nacionais, estatais ou internacionais, que así o están facendo. Trátase de sumar forzas para buscar o cese do bloqueo humanitario e unha resolución pacífica.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así, esta formación política solicita do Pleno da Corporación de Ribadavia que adopte o seguinte acordo: “Diante das noticias e imaxes que nos chegan desde a Franxa de Gaza, o Concello de Ribadavia quere manifestar pública e enérxicamente o seu repudio a todo ataque e acción que provoque tan graves violacións dos dereitos humanos e dos dereitos fundamentais de civís e persoas protexidas, especialmente nenos e nenas, incluíndo a perda de innumerables vidas. Facemos un chamamento para que Israel permita a entrada sen restricións de axuda humanitaria á poboación civil na zona, e para que se impoña na zona por parte da Comunidade Internacional, de maneira inmediata e sen reservas, o cumprimento das normas do Dereito Internacional Humanitario e o cese definitivo da violencia”.