Veciños e visitantes desfrutaron da ‘Ruta dos Pinchos de Primavera’ en locais de hostalaría de Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia convidou a veciños e visitantes a gozar esta pasada fin de semana dun percorrido gastronómico único coa celebración da ‘Ruta de Pinchos de Primavera’, que tivo lugar o venres e o sábado pola tarde nun total de 15 establecementos hostaleiros da vila e que ofreceron pinchos especiais creados para a ocasión. Os locais participantes estiveron divididos en dous grupos. No primeiro grupo participan Garden Lodge, Rogelio, Pintamonas, Alaba’O, Kopa, O Morto e Treixadura. No segundo grupo forman parte Delicatessen, O Birrán, Plaza, Huella del Gato, Marilagar, Salto del Ángel e The Boot.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A afluencia a estes locais foi exitosa dende o primeiro momento, e os clientes que visitaran un mínimo de 10 dos 15 establecementos participantes e asegurasen a súa presenza en polo menos cinco de cada grupo, tiveron a oportunidade de participar no sorteo de agasallos, como recoñecemento á súa implicación e apoio á hostalaría local.

Esta iniciativa do Concello de Ribadavia e dos propios hostaleiros tenta dinamizar a vida social e comercial de Ribadavia, convertendo as rúas e bares da vila nun espazo de encontro, sabor e celebración, tal e como nos comentaron tanto propietarios dos locais coma os propios clientes que acudiron a esta cita gastronómica.

A ‘Ruta de Pinchos de Primavera’ consolídase así como unha das citas gastronómicas máis destacadas do calendario local, ofrecendo unha oportunidade perfecta para descubrir novos sabores e desfrutar do ambiente único que ofrece Ribadavia nesta estación.