Os deputados Noelia Pérez e Argimiro Marnotes visitaron o centro especial de emprego Aspamadis de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PPdeG pide aos concellos aplicar os contratos reservados a centros especiais de emprego de iniciativa social e a empresas de inserción

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • Tamén demandaron ao Goberno central compensar o impacto da suba do salario mínimo interprofesional no financiamento dos custes salariais destes centros de emprego

24 de maio de 2025. Os deputados do Grupo Popular Noelia Pérez e Argimiro Marnotes pediron hoxe aos concellos aplicar os contratos reservados a centros especiais de emprego de iniciativa social e a empresas de inserción, reforzando o compromiso municipal coa igualdade de oportunidades e coa integración laboral das persoas con diversidade funcional. Ademais, demandaron ao Goberno central un esforzo adicional para compensar o impacto da recente suba do salario mínimo interprofesional no financiamento dos custos salariais destes centros de emprego.

No transcurso dunha visita ao centro especial de emprego Aspamadis de Ourense, Noelia Pérez e Argimiro Marnotes agradeceron o labor que desenvolven estas entidades sociais, “que cada día demostran que outra forma de facer empresa é posible”.

Os deputados popular lembraron que a lexislación vixente establece a posibilidade de que os concellos reserven contratos ou determinados lotes dos mesmos a centros especiais de emprego de iniciativa social ou a empresas de inserción. Deste xeito, afirmaron que “a reserva de contratos constitúe unha ferramenta esencial para avanzar na integración laboral de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, garantindo oportunidades reais de acceso ao emprego para estes colectivos que atopan maiores barreiras no mercado laboral ordinario”.

OPORTUNIDADE FUNDAMENTAL

“Poren, ben sexa por descoñecemento, por falta de vontade política ou pola ausencia de directrices claras, moitos concellos están a deixar pasar unha oportunidade fundamental para promover a inclusión social desde a contratación pública”, sinalaron os deputados populares, polo que consideraron “necesario que a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias colaboren para informar e incentivar aos concellos ofrecéndolles ferramentas útiles e apoio técnico para aplicar os contratos reservados dun xeito eficaz, garantindo a legalidade e cumprindo que os dereitos de as persoas máis vulnerables sexa unha prioridade real”.

Durante a visita, Noelia Pérez e Argimiro Marnotes tamén analizaron o impacto que terá sobre a competitividade dos centros especiais de emprego o incremento do salario mínimo interprofesional aprobado polo Goberno de Pedro Sánchez fóra do diálogo social e sen unha avaliación previa do seu efecto nos diferentes axentes do mercado laboral.

“Non se pode esixir ás entidades sociais que sigan facendo un traballo esencial sen garantirlles os recursos necesarios para soster os seus custos”, afirmaron. Así, demandaron ao Goberno central “un esforzo adicional par compensar o impacto da recente suba do salario mínimo interprofesional no financiamento dos custos salariais dos centros especiais de emprego e das empresas de inserción”.