No escrito remitido a Consellería exíxese un control singular desta fauna
Ourense, 28 de maio de 2025 – Unións Agrarias ven de remitir un escrito a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático no que se incide na necesidade de que este departamento Xunta de Galicia a inicie os trámites de estudo preciso para analizar esta tipoloxía de danos do corzo, e incorporalos na seguinte convocatoria de Ordes de axudas a cultivos agrícolas por danos de fauna salvaxe en Galicia, como tipoloxía de danos indemnizables.
Como xa ten denunciado, UUAA advirte da profunda preocupación que reina entre os produtores do Ribeiro polo inicio das visitas do xabaril e o corzo nos bancais e parcelas de viñedo, onde comenzan os danos polo ramoneo dos brotes. En concreto hai xa danos reiterados en zonas como Beade e Toén.
O corzo soe entrar nas plantacións de viñedo antes da produción da uva, a diferencia do xabaril que entra con máis frecuencia cando xa están os racimos cun grao de madurez suficiente, o que fai permanentemente vulnerables as plantacións aos danos da fauna salvaxe, requerindo atención constante polos produtores, amáis de atender aos traballos de mantemento e prevención das enfermedades dos fungos. O corzo se alimenta dos brotes da viña e seca as cepas pola rasca da cornamenta contra as cepas.
Neste momento os danos dos corzo non entran na liña de axudas de indemnización de danos da Consellería de Medio Ambiente, co cal os danos repercuten directamente nos produtores da denominación de orixe, sen que poidan ser compensados con cargo á mesma liña de axudas do xabaril. De ahí a solicitude rexistrada hoxe pola organización agraria para que se modifique a normativa autonómica no senso de ampliar a cobertura das axudas.
Dase a circunstancia que no concello de Beade as zonas de presenza de viñedo e a súa contorna son terreos sometidos a réximen cinexético común ou zonas libres de caza, aqueles que a vixente Lei 13/2013 de caza de Galicia, clasifica como tales cando non están xestionados por ningunha Sociedade de Caza baixo a figura de Terreo Cinexéticamente Ordeado ou TECOR, co cal nesa zona a responsabilidade do control poboacional do xabarín e dos danos que produza en cultivos, ven sendo directamente da Xunta de Galicia. Si ben a xestión efectiva se apoia a maior das veces nas iniciativas e colaboración dos cazadores locais.
A produción de uva en Ourense, ven sendo unha das últimas actividades agrarias que xestionan o territorio na provincia, toda vez que xa non existe apenas produción de leite, e a de carne diminúe ano a ano, así como a actividade forestal, que apenas supón o 5% do conxunto de Galicia. Polo que é fundamental coidar a produción de uva e a rendabilidade destas explotacións de cara ao futuro inmediato para evitar o abandono e axudar así na prevención do lume e protección do territorio.