FRUGA convoca unha concentración para o dia 18 ás 12h00 diante do edificio Multiusos da Xunta de Galiza de Lugo

FRUGA convoca unha concentración de gandeiros e gandeiras para este venres, dia 18 ás 12 da mañá diante da Delegación da Xunta en Lugo. Actualmente as explotacións agro-gandeiras galegas están-se vendo afectadas por unha crise de sobrecustos de produción, que pon en risco a súa viabilidade a curto prazo.

A día de hoxe os efectos tanto da suba dos carburantes, concentrados alimentarios do gando, tarifa eléctrica, plásticos, fertilizantes e outros insumos supón un notable incremento dos gastos, sin que veña acompañado por un aumento dos prezos a percibir polas nosas producións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ante tal situación, observamos un abandono das funcións que lle corresponden ás administracións competentes, tanto no que respecta a medidas de carácter inmediato, como medidas a medio e longo prazo, que contribúan a abaratar os custes de produción e conseguir que o prezos percibidos polo sector agropecuario cando menos cubran estes custes.

Galiza ten as condicións necesarias para poder desenrolar un modelo propio de agricultura, favorecendo o acceso a terra, e deste xeito diminuír a dependencia que hoxe temos, en exceso, de insumos cultivados fora das nosas fronteiras. A día de hoxe unha agricultura sostible, e compatible co medio ambiente, é posible levala diante no noso país, soamente se precisa de vontade política.

Igualmente dende FRUGA defendemos que as administración competentes, deben tomar cartas no asunto, e evitar por tódolos medios, que como consecuencia desta crise non se peche ningunha explotación na nosa terra. E o momento de facer valer que estamos ante a lexislatura do rural, sen que esta frase sexa un mero slogan publicitario.

Por estes motivos animamos a todo os agricultores e gandeiros galegos, a participar na concentración do vindeiro venres dia 18 as 12 da mañá diante da Delegación da Xunta de Galiza en Lugo.