Mañá, o autobús móbil de doazón de sangue estará en Ribadavia

IES CHAMOSO LAMAS

Mañá martes, fronte á igrexa do Portal, diante dos “Xardinillos” de Ribadavia, , das 10:00 horas ás 14:30 horas, e pola tarde, das 16:30 horas ata as 21:00 horas, estará a Unidade Móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.

HIPER MASIDE

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.