Luis Menor felicita ao Estrela Futsal Cortegada polo éxito co seu novo proxecto, forxado con “esforzo e actitude”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 29 de maio de 2025.

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu no salón de plenos da Deputación ao corpo técnico e ás xogadoras do Estrela Futsal Cortegada tras a consecución do título da categoría de Preferente e o ascenso á Segunda Divisón Nacional. Menor sinalou que “conseguir gañar a liga de maneira invicta na tempada que nace o equipo é moi meritorio”.

Luis Menor subliñou que o proxecto que rodea ao Estrela Futsal Cortegada “foi capaz de crear un arraigo na contorna,  facendo dun pobo periférico un lugar de referencia do fútbol sala feminino”. Puntualizou que “facendo as cousas con racionalidade, construíndo proxectos de base sólida será mais doado alcanzar os obxectivos do futuro, como asentarse e competir nunha categoría esixente como é a Segunda División Nacional”.

O presidente rematou agradecéndolle ao clube “polo esforzo e actitude” así como “por representar o auxe no que se atopa o deporte feminino en Ourense, o cal conta cun alto nivel en diversas disciplinas deportivas como o fútbol sala”.