Ribeiro en Común di que a deputación culpa ao Alcalde e ao Concello de Ribadavia de ser os causantes do mal estado do Novo Xestal.

  • Faino a través dun informe carente de rigor técnico. A reacción do Alcalde foi e está sendo a de acatar un Informe que o sitúa a el e ao Concello responsables da situación grave na que se atopa o campo. Algo que só pode ser explicado pola condición de César Fernández como subalterno de Baltar na Deputación.
  • Para Ribeiro en Común esta xogada da Deputación é inadmisible e atenta directamente contra os intereses públicos e municipais de Ribadavia e do Concello como institución. Ribeiro en Común esixe que o Concello defenda os intereses de Ribadavia.
  • Por este motivo o noso grupo levou ao Pleno o rexeitamento deste Informe da Deputación, onde o alcalde foi o único que xustificou o infame informe que exculpa á empresa que executou a obra e á propia Deputación como Administración adxudicadora.

Esiximos que o Alcalde de Ribadavia se posicione en defensa dos intereses do Concello e de Ribadavia, para o cal pedimos no Pleno que o Concello de Ribadavia aprobe as accións a realizar para que a obra quede en perfecto estado de execución e se resolvan os erros estruturais que provocaron que Ribadavia volva ter unha obra millonaria defectuosa.

Ribeiro en Común logrou aprobar no Pleno, e a pesar da defensa que o alcalde fixo da Deputación, as seguintes medidas:

AVANTAR ACTIVIDADES

1.- Encargo desde a Alcaldía ás técnicas municipais dun informe sobre a situación do Campo novo do Xestal, así como un informe sobre a execución de ditas obras. Algo que levamos reclamando desde fai un ano, desde novembro de 2019 cando apareceron as primeiras deficiencias, e que sempre tivo a oposición e bloqueo do alcalde. Agora demostrase que era indispensable para a defensa dos intereses do Concellos nesta obra.

2.- Encargo desde a Alcaldía dun informe técnico propio do CONCELLO DE RIBADAVIA que avale a reclamación de Responsabilidade Patrimonial á Deputación Provincial, como Administración executora da obra, así como a empresa encargada da mesma. Sempre no caso de que estas persistan en negar os erros estruturais desta obra, o que é o mesmo que condenar a Ribadavia a un novo escándalo dunha obra pública nun campo de fútbol.

Recordamos que Ribadavia ten actualmente clausurado un campo sintético por estar situado ilegalmente debaixo do viaduto da A52.

Recordamos que no novo Xestal, a poucos metros do anterior, aparecen graves erros no terreo de xogo desde a súa inauguración.

Falamos de erros estruturais, non puntuais (non é unha zona concreta) nin temporais (non é só cando chove), polo que é mentira o argumento de que as funcións de “mantemento” que a empresa vai realizar durante 12 anos é falaz e terxiversa a realidade: o cepillado do campo non arranxará nunca un problema estrutural que só se solucionará efectuando a garantía de obra por unha execución mal realizada, entre outra cuestións por destinar area e materiais inapropiados para estes campos, tal e como se recoñece no informe técnico da Deputación, que sen embargo minte cando afirma que foi resolto, algo que se ve a simple vista que é falso.

Ribadavia pode lograr un récord de chapuzas administrativas no que a campos de herba artificial se refire.

Ribeiro en Común esixe que se defendan os intereses públicos do concello na obra do novo campo, rexeitando o informe da Deputación que acusa ao Concello de ser os responsable da situación do campo, e exculpándose a si mesma e a súa empresa. Sendo inconcebible que un Alcalde comulgue con todas as culpas.

Ribeiro en Común seguiremos de cerca este asunto ata garantir que se solucionen as deficiencias estruturais graves que ten o novo Xestal, un problema do que é responsable a Deputación e o Concello, e que desde Ribeiro en Común non consentiremos que se pretenda tapar con parches que condenarán ao noso campo para sempre.