O estudantado dos IES do Carballiño mostrou os seus novos experimentos na ‘III Feira Científica’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://www.facebook.com/share/v/1AKc5ymEnK

Xabón natural, tinta invisible e multicor, adiviñas baseadas en números e ata un vehículo ecolóxico movido por hidróxeno, son, entre outros os experimentos prácticos que mostraron á veciñanza as alumnas e os alumnos dos IES Chamoso Lamas e Nº 1 do Carballiño, nunha nova edición, a terceira, da ‘Feira Científica’, que tivo lugar na tarde de hoxe na praza dos Irmans Prieto da nosa vila.

Esta mostra é unha escolma do traballo que o estudantado dos dous centros de ensino secundario carballiñeses desenvolve ao longo de todo o curso lectivo, e que se organiza para darlle visibilidade, tal e como nos comentaban Almudena Mosquera, directora do IES Nº 1, e Aurelio Rodríguez, director do IES Chamoso Lamas, que amosaron a súa satisfacción polos resultados acadados.

Tamén estiveron presentes nesta feira profesorado e estudantes do CIFP de Vilamarín, cun innovador e xa galardonado proxecto de realidade virtual orientado ás recepcións hoteleiras, e que tamén ofreceron produtos de pastelería elaborados neste centro de formación profesional.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha sesión de tres horas nesta praza do centro do casco urbano que espertou curiosidade entre as moitas veciñas e veciños que transitaban pola zona e se achegaron a admirar as propostas experimentais do alumnado, nun evento que serve como clausura oficiosa do curso lectivo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------