José Luis González asume a presidencia dos populares de Piñor para “levar o PP ao máis alto con moito traballo, ilusión e unidade”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

José Luis González Rodríguez (Piñor, 1967) liderará unha nova etapa do Partido Popular de Piñor, logo de ser elixido presidente desta agrupación local nun congreso no que prometeu “levar o PP ao máis alto con moito traballo, ilusión e unidade”, palabras que celebrou o presidente provincial popular, Luis Menor, que tamén participou no congreso xunto á secretaria xeral, Sandra Quintas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O tamén alcalde José Luis González destacou que para lograr “grandes vitorias” contará cun equipo de persoas moi válidas “e coas que traballarei coa máxima coordinación e colaboración”. O xa presidente da agrupación local apuntou que o labor político que van realizar desde Piñor ten unha repercusión aínda máis grande, pois “todo ese esforzo debe ter como fin achegar a forza popular de Piñor a todo o PP”, sexa en tanto en Galicia como en España e por suposto nas próximas municipais, “para que o Partido Popular goberne con maioría absoluta: sabémolo facer”.

Pola súa banda, o presidente provincial puxo en valor a celebración destes congresos locais, necesarios para “activar o partido e alcanzar as maiorías que nos permitan gobernar, desenvolvendo o nosos proxecto político”. Así, Luis Menor asegurou que confía en que Piñor “vai ser moi importante para conseguir a maioría absoluta na Deputación”. O líder dos populares ourensáns felicitou á militancia e simpatizantes do PP por ter un presidente local, e á veciñanza por ter un alcalde “que transmite ilusión e convicción á hora de formular proxectos para resolver as necesidades da veciñanza”.