O ‘II Festival de Percusión’ encheu de ritmo rúas e prazas do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A vila do Arenteiro converteuse esta pasada fin de semana nun punto de referencia da educación e interpretación musical coa celebración de “II Festival de Percusión”, organizado polo Conservatorio Profesional e a Escola de Música do Concello do Carballiño e co patrocinio de varias entidades comerciais, e que congregou a preto de 200 participantes.

Así, o evento “O Carballiño soa” chegou á súa segunda edición o venres, día 30, e o sábado, 31 de maio, cun variado programa de concertos, cursos e exhibicións, “co obxectivo de darlle visibilidade ao noso conservatorio e ao seu alumnado, ademais de ser un punto de encontro entre os centros de ensino musical das provincias de Ourense e Pontevedra”, segundo apuntaron os profesores de percusión do Conservatorio carballiñés.

COMERCIAL ORCELLÓN

O programa iniciouse o venres, ás 20,00 horas e no Auditorio Manuel María, cun concerto no que participaron uns 50 percusionistas dos conservatorios e escolas de música do Carballiño, Ribadavia, O Rosal, Valladares e Moraña, e que tamén contou coa presenza de Nicolás Montero e Jorge Isaac González, do Conservatorio de Ourense.

Xa o sábado, ás 10,00 e na Pista Roxa, tivo lugar un curso de percusión corporal con Fran Mark, no que participou o alumnado do Carballiño, e ao que seguíu un concerto ás 13,00 horas. O mesmo día, na Praza Maior e dende as 17,00 horas, impartíuse un obradoiro gratuíto de batucada aberto a toda a cidadanía. E o festival clausurouse ás 19,00 horas na Praza Maior cun pasarrúas e exhibición de batucada a cargo do grupo Percucar.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------