Os viños brancos da D.O. Ribeiro lideran o podio dos “XXXIX Premios Baco” da colleita 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Denominación de Orixe Ribeiro continúa a súa recolección de galardóns premiando a súa alta calidade, nesta ocasión, na 39ª edición do concurso “Premios Baco”, que lle outorgou un total de 35 medallas aos viños da última colleita, a 2024. Este feito converte á D.O. Ribeiro na líder coas súas elaboracións brancas no pódium dos Premios Baco colleita 2024. O viño branco Pingas de Mar Fermentado en Barrica 2024 recibiu o galardón ‘Gran Baco de Ouro’ (marcas que superen os 93 puntos). Ademais, outorgáronlle o ‘Baco de Ouro’ (puntuación superior a 89 puntos e inferior a 93 puntos) a outras 16 referencias vinícolas: Canción de Elisa, 1.040 Sameirás, A Telleira Godello, Adeus, A Telleira Parcelas, Castro do Coto, Cunqueiro III Milenium, Coto de Gomariz, Tear dúas Dodi Blanco, Tear dúas Dodi Tinto, Cordón de Santo André, María Meréns, Ramón do Casar Varietal, Ramón do Casar Godello, Ramón do Casar Nobre e Colección 68.

Recaeron tamén no Ribeiro os galardóns correspondentes ao ‘Baco de Prata’ (marcas que superen os 85 puntos e non alcancen os 89 puntos) nos viños Torre do Oliveiral Expresión, Casal de Armán, Divino Rei, Juan Míguez Godello, Gran Leiriña, Viña Leiriña, Casal do Canteiro, Eduardo Peña, Terra Minei, Pingas de Mar Godello, Saramusa Treixadura, O Canto do Cuco, Farnadas, Ramón do Casar Treixadura, Gran Alanís, Gran Alanís Castes Brancas, Tamborá e Costeira Treixadura.

Por último, hai que sinalar que o enólogo Pablo Estévez volveu a recibir o recoñecemento como mellor enólogo de viños novos por quinto ano. A presidenta do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, envía felicitacións a todas as adegas premiadas neste concurso, e quere resaltar que “estamos de parabén, obtivemos uns magníficos resultados nos Premios Baco e sumados aos que se foron obtendo ano a ano nos concursos nacionais e internacionais, referenda a altísima calidade dos nosos viños e o bo facer dos nosos viticultores e adegas”.

Os galardóns Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro e Bacos de Prata son outorgados polos máis de 50 xuíces; catadores, críticos especializados, xornalistas, comunicadores, profesionais da hostalería e enólogos, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron en estrita cata a cegas a totalidade de viños participantes. Unhas medallas de indiscutible valor promocional para os mellores viños novos de España e cuxa repercusión potenciará o organizador do concurso, a UEC.