Manuel Baltar celebra a “capacidade organizativa de Ourense” para acoller este outono congresos internacionais como o da AECIT ou o de turismo termal

-10.00 horas: Presentación do XXII Congreso Internacional de Turismo da AECIT .- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación do XXII Congreso Internacional de Turismo da Asociación de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), que se celebrará en Ourense do 6 ó 8 de outubro. Tamén participan Jose Antonio Fraiz Brea (Organizador do congreso), María Montserrat Cruz González (Decana da Faculta de Turismo), Nava Castro Domínguez (Directora Turismo de Galicia), Elena Rivo López (ViceReitora do Campus de Ourense), Cesario González Pardal (Xerente do Cluster de Turismo de Galicia) e Armando Ojea Bouzo (Tenente de Alcalde do Concello de Ourense). Lugar: Salón de graos do Edificio Xurídico-Empresarial do Campus de Ourense.

O presidente da Deputación participou esta mañá no Campus de Ourense na presentación do XX Congreso Internacional de Turismo da Asociación de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), que se celebrará os días 6, 7 e 8 de outubro

Manuel Baltar definiu ao turismo como “un eixo estratéxico” da provincia e remarcou o apoio incondicional da Deputación ao Campus de Ourense, “unha fábrica de talento”

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente do goberno provincial lembrou o beneficio para o territorio que supón celebrar en Ourense eventos como o da AECIT ou o Congreso Internacional de Turismo Termal: “Algo móvese en Ourense, apoiado en fitos coma a chegada da Alta Velocidade”

Este congreso estará centrado na innovación, dixitalización, sostibilidade e competitividade do sector turístico

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta mañá na mesa de presentación do XXII Congreso Internacional de Turismo da Asociación de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), que se celebrará na cidade de Ourense os días 6, 7 e 8 de outubro de 2022.

Manuel Baltar estivo acompañado neste acto, celebrado no salón de graos do Edificio Xurídico-Empresarial do Campus de Ourense, pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; comisionada de Coordinación Institucional da Universidade de Vigo, Elena Rivo; a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Montserrat Cruz; o presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal; e o presidente do comité organizador do congreso de AECIT, José Antonio Fraiz.

Manuel Baltar definiu ao turismo como “eixo estratéxico” da provincia e felicitou ao Campus pola organización do congreso, destacando a importancia de acoller eventos deste tipo: “Celebro a capacidade de Ourense para acoller o Congreso do AECIT ou, uns días antes, o Congreso Internacional de Turismo Termal, que organizaremos a finais de setembro trala proposta da rede europea de cidades históricas termais, que presido, e que conta co beneplácito da Organización Mundial do Turismo”. 

“Algo móvese en Ourense -resumiu Manuel Baltar- apoiados en fitos decisivos coma a Alta Velocidade, que nos converteu no territorio mellor conectado con Madrid. Ourense pode presumir, temos de todo e queremos compartilo”. 

O presidente da Deputación valora o Congreso do AECIT como “unha fiestra aberta ao desenvolvemento, aunando todas as sensibilidades neste sector”, remarcando a importancia na súa organización da cooperación interadministrativa, a alianza público-privada e, nominalmente, o “excelente traballo do profesor José Antonio Fraiz”. 

Baltar remarcou na súa intervención o apoio incondicional do goberno provincial ao Campus: “A Deputación sempre está co territorio, e a Universidade é parte imprescindible no desenrolo de Ourense, unha fábrica de talento”. E lembrou o compromiso da Deputación co Campus, “dende a súa creación ata as achegas económicas anuais”, con novas achegas coma a financiación de 45 bolsas para o alumnado matriculado no curso 2022/2023 no Grao en Turismo, ou no programa conxunto (PCEO) dos graos de Turismo e Xeografía e Historia.

Un foro de encontro entre investigadores, administracións públicas e profesionais do eido turístico

O XXII Congreso Internacional de Turismo da Asociación de Expertos Científicos en Turismo márcase como obxectivos principais crear un foro de encontro de profesionais e investigadores do eido turístico, para impulsar sinerxías entre o mundo académico, as administracións públicas e a empresa, facilitando, segundo explican, “a actualización de coñecementos sobre aspectos de planificación e xestión turística para coñecer diferentes modelos de xestión”.

A temática desta edición é o novo turismo: a innovación, a dixitalización, a sostibilidade e a competitividade do sector. Cada un destas áreas sumará, explicou Fraiz, un relator convidado relevante nese ámbito e unha mesa de debate con representación empresarial, da administración pública e académica/investigadora. Tamén haberá, explica, un espazo para a presentación e discusión dos distintos traballos de investigación.

Segundo explican os responsables do congreso, este foro busca “realzar as investigacións vinculadas co sector do turismo, quedando aberto a calquera tema relacionado coas áreas científicas propostas, que son administracións públicas e turismo; xestión de destinos turísticos; márketing turístico; novos produtos turísticos; turismo experiencial; turismo e novas tecnoloxías; responsabilidade social; transversalidade e competitividade turística. Acorde cos seus obxectivos, como destinatarios, desde o evento sinálase que está aberto a persoal docente e investigador, alumnado e egresados vinculados co Turismo e empresariado, profesionais e outros axentes do sector”. 

A AECIT é unha asociación que reúne persoal docente e investigador e profesionais do sector do turismo, das empresas, das universidades, das institucións e das consultoras españolas. Nada en 1994, na actualidade suma máis de 250 socios, entre eles a Universidade de Vigo.