Badal TV emite hoxe “Fatum” a obra gañadora da Mostra de Teatro Amador

A Mostra de Teatro Amador viuse truncada este ano a causa das restricións impostas no Carballiño. Aínda así, as obras foron emitidas por esta canle, a través dun convenio de colaboración, para que o público puidese velas dende a casa. Dende o grupo de teatro Tiruleque, organizador da mostra, quixeron outorgar o premio desde ano. Nesta ocasión, a obra premiada é “Fatum” de O Catre Teatro.

Publicidade

Esta peza será emitida de novo a través desta canle, Badal TV, mañá xoves ás 20:00 horas, antes do informativo do serán.