Oito clientes e un local reciben os premios da ruta do vermú Povarelo

Publicidade ASPADISI

Trátase de dous estuches de dúas botellas de vermut vermello e branco, que lle corresponderon a Roberto Vence e Carlos García. Dous lotes dunha botella de vermut vermello e cubiteira, que lle corresponderon a Jorge Álvarez Meiriño e Roberto Vence. Dúas actividades e  unha consumición no circuito de karts Dakart de Sanxenxo, válidos ata o mes de outubro, que lle corresponderon a Pablo Alvarez Muñoz e Sonia Alvarez Alonso. Unha viaxe, unha actividade e unha consumición no Dakart Sanxenxo, que lle correspondeu a Miguel Angel Ro García e Eladino Arias Vázquez.

O premio grande, consistente na estancia dunha noite para dúas persoas no hotel Louxo de A Toxa, con almorzo-buffet incluido, servizo de talasoterapia e piscina, e uso da habitación ata as se seis da tarde, que lle correspondeu a Claudio Ulloa.

HIPER MASIDE

Este mesmo premio, pero dixirido aos establecementos hostaleiros participantes, correspondeulle a O Pendello.

Os premios poden recollerse na sede de Destilerías Paniagua, no polígono industrial do Carballiño, en horario de mañá, de luns a venres.

En total participaron 38 locais hostaleiros nesta inciativa, cuxo sorteo realizouse este mediodía na Praza Maior, coa asistencia do concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e o director de produto de Paniagua, José Manuel Novoa.

Manolo Dacal, concelleiro de Turismo, agradeceu a iniciativa e felicitou tanto a Paniagua como aos hostaleiros por promocionar os produtos de empresas locais.

José Manuel Novoa agradeceu a colaboración da hostalería e do concello, así como a importante participación da veciñanza e visitantes na iniciativa, da que dixo que tivo unha boa acollida. Finalmente, asegurou que a empresa Paniagua ìa a realizar máis promocións deste tipo tanto co vermut como con outros produtos, como á xenebra.