Sanidade busca casos covid entre preto de 11.000 veciños de Ourense, Barbadás e Ribadavia

A situación epidemiolóxica que afrontan varios concellos de Ourense provocou que a área sanitaria tomase a decisión de programar varios cribados para detectar posibles casos asintomáticos. En total están citadas preto de 11.000 persoas, concentradas entres cibrados que se farán na cidade de Ourense, en Barbadás e en Ribadavia.

Publicidade

Na xornada de hoxe realizarase entre 2.000 veciños de Barbadás, nos que se recollerán 1.250 probas PCR e 750 test de antíxenos. Mañá venres será a quenda de Ribadavia, na que están convocados 750 veciños para realizarse o test de antíxenos.

O maior destes cribados farase na cidade de Ourense, co punto de recollida en Expourense, no se convocarán a 8.000 veciños durante a fin de semana para realizar 4.000 PCR e outros tantos test de antíxenos. O Sergas avisará ós convocados a través dun SMS e recordan que estas probas son voluntarias, pero piden a máxima colaboración cidadá.