Falece un cociñeiro da Pulpería Aurora do Carballiño durante a LII Festa do Viño Tinto do Salnés en Ribadumia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un traballador do cátering da Pulpería Aurora faleceu na tarde do sábado na LII Festa do Viño Tinto do Salnés, que se celebraba no pavillón de Barrantes. O home, (J.F.L de 51 anos ) , sufriu unha parada respiratoria mentres participaba no servizo do Xantar de Confraternidade, o banquete popular que reúne por centos de asistentes nesta tradicional festa do viño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ante a emerxencia, activáronse os servizos sanitarios, mobilizándose ambulancias do 061, efectivos de Protección Civil de Ribadumia, médicos do PAC de Cambados e persoal de Emerxencias Cambados. Con todo, a pesar dos esforzos por reanimalo, o cociñeiro non superou o episodio.

Tras o impacto inicial, o ambiente festivo tinguiuse de emoción cando os compañeiros do servizo de cociña renderon unha sentida homenaxe ao falecido. Ao concluír o evento gastronómico, congregáronse nun emotivo xesto de despedida, dedicándolle un cálido aplauso que se estendeu entre os asistentes ao Tinto.

Foto: Diario de Arousa.  Mónica Ferreirós

A noticia conmocionou á comunidade, especialmente nun día marcado pola celebración e a convivencia en torno ao viño do Salnés. As autoridades non detallaron aínda as causas concretas do falecemento, aínda que todo apunta a un tráxico desenlace natural.

A Festa do Viño Tinto, unha das citas máis destacadas do verán pontevedrés, continuou a súa programación, aínda que cun ton máis sobrio tras o suceso.